DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Este proxecto vai dirixido a poboación do Concello da
Coruña, especialmente aos preadolescentes en idade escolar. Propoñemos un
progama estable de tempo libre educativo e cultural, entendéndoo dentro dun
marco de:
·
Liberdade.
·
Creatividade,
pracer e diversión.
·
Sociabilidade.
·
Comunicación.
·
Esforzo
automotivado.
·
Conocemento
desinteresado pola culturización.
·
Valoralización
do cotidiano, extraordinario e o excepcional do noso Patrimonio.
·
Participación
social.
Intentando manter así o carácter cultural, ofrecendo
apoio aos centros de ensinanza, promovendo o mantemento da cultura e identidade
propia do Concello así como a recuperación e coidado do patrimonio a través das
manifestacións da cultura e identidade propia da Coruña.
O noso proxecto adecúase a esta convocatoria porque ao
traballar a mellora da sociabilidade e creatividade a través de manifestacións artísticas, intentaremos
formar cidadáns e cidadás que inflúan no desenrolo responsable da sociedade
democrática. Dando a posibilidade dun enraizamento coa cultura popular e a
comunidade social na que viven a través de:
·
A
expresión y creación cultural.
·
Toma
de contacto coa cultura popular da súa comunidade social.
·
Posibilidade
de relacionar o lúdico coa convivencia gratuíta cos compañeiros no entorno
cultural.
·
Coñecemento
profundo de si mesmos , das propias limitacións e posibilidades, así como mellora da autoestima.
·
Relación
social entre compañeiros, empatía e habilidades
persoais necesarias nestas idades.
·
Toma
de conciencia do coidado do patrimonio cultural.
·
Posibilidade
e importancia de contraer un compromiso social, participación cidadá.
Con este proxecto temos como finalidade a toma de
conciencia social da vida dende a cultura no tempo libre xa que este é o momento
no que educar e experimentar coa intención de conseguir cidadáns e cidadás
críticos e responsables co seu entorno. O tempo libre será polo tanto o
marco privilexiado para este aprendizaxe
na educación para a cidadanía na que os preadolescentes aos que nos queremos
dirixir poderán reflexionar e participar activamente desenrolando tamén das capacidades
creativas e motivadoras a través dos valores esenciais sempre dirixidos a unha
sociedade democrática e responsable dende un enfoque sempre creativo e saudable
fomentando tamén o deporte e experiencias lúdicas. Queremos contribuír a
mellora da calidade das manifestacións artísticas xunto coa recuperación do patrimonio
cultural tradicional ( musical, folclórico e histórico) a través da
colaboración entre compañeiros e compañeiras fomentando tamén o traballo en
equipo e dando opción a aprender fora das actividades escolares. Pretendemos
que os preadolescentes tomen así conciencia do seu entorno máis próximo que é a
comunidade educativa, compañeiros e resto da sociedade, relacionándose e
convivindo con este favorecendo o seu desenrolo como cidadán ou cidadá, así
como habilidades persoais sempre nun contexto cultural que será o Concello da
Coruña.
CAMPO DE ACTUACIÓN DO PROXECTO:
No hay comentarios:
Publicar un comentario